Thursday 02 de May de 2024

Teatro Os Quinquilláns pon en escea “Cousas” de Castelao mañá venres no centro social polivalente de Brión


O centro social Polivalente do Concello de Brión acollerá mañá venres 23 de decembro, ás 18:00 horas, a obra de teatro “Cousas” de Castelao, de man da compañía brionesa Os Quinquilláns Teatro. A obra está dirixida a un público familiar e a entrada será totalmente libre e de balde. A maiores, todos os asistentes poderán levar para a casa unha edición especial do libro “Cousas” agasallo da Editorial Galaxia.